Friday 03 de May de 2024

Reunión do Concello de Carral co conselleiro de Sanidade


O goberno local do Concello de Carral estivo presente hoxe, mércores 12 de agosto, nunha nova reunión telemática co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

No encontro, a Consellería pediu a colaboración dos Concellos para seguir traballando de forma coordinada co fin de frear o avance do COVID-19 na área sanitaria da Coruña.

Desde o Concello de Carral ofreceron a súa completa disposición para continuar na mesma liña de traballo e reforzar a supervisión do cumprimento das medidas por parte dos veciños e veciñas.

Neste sentido, o organismo autonómico preparou un bando común para todos os municipios que estará dispoñible nas canles oficiais do Concello e que se colocará, ademais, en varios puntos do termo municipal.

O equipo de goberno fai un chamamento aos veciños e veciñas do municipio para que extremen as precaucións e actúen ” coa máxima prudencia nestes días. Lestes días é preciso que todos e todas cumpramos coas medidas de prevención para evitar que se produzan máis contaxios”.